Luisa Cid inaugura o ‘Curso Avanza. Programa de Desenvolvemento Xerencial’

Luisa Cid na Escola de Negocios
A tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, presidiu esta tarde o acto de apertura do Curso Avanza. Programa de Desenvolvemento Xerencial, un plan formativo de 250 horas de duración que imparte a Escola de Emprendedores (Rolda de Nelle, número 31) e promovido polo Concello no marco do programa Urbana-C e cofinanciado ao 80% con fondos Feder.
O curso, que se imparte de forma gratuíta e cuxo custo no mercado roldaría os 8.000 euros, desenvólvese de luns a xoves de 16.30 a 21.30 horas, finalizará o próximo 12 de xuño e o seu obxectivo é dotar aos emprendedores dos coñecementos e ferramentas para xestionar as súas empresas dun modo integrado e coordinado. Orientación ao mercado e o cliente, Innovación, procesos e tecnoloxías ou Desenvolvemento persoal do directivo son algunhas das materias que os 20 alumnos o curso aprenderán durante o tres meses de formación.
Durante o acto, Luisa Cid, acompañada do director da Escola de Emprendedores, Antonio Domingo Tudó, destacou a extraordinaria calidade do programa: “É un auténtico máster en xestión de empresas”, explicou a concelleira aos alumnos, aos que animou a aproveitar as clases. “Os contidos do programa son un auténtico luxo”, engadiu. O programa completarase cun programa intensivo de Simulación Empresarial (Emula), un xogo de empresa de 40 horas que se impartirá a final de curso, do 16 ao 19 de xuño.











