Lugo acollerá o casting de ‘Máis Retranca’, o novo programa de humor da TVG

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+

Adivina Produccións busca xente que queira participar nun novo programa para a Televisión de Galicia que se chama MAIS RETRANCA.

Tratase de atopar novos talentos do humor galego.

En todas as vilas temos xente graciosa, o camareiro que non para de contar chistes, o familiar que ameniza as ceas de Nadal, a muller que fala e que todo o mundo se esmendrella da risa.

 Esta é a ocasión de darlles a coñecer, de pasar un bo rato e compartir con todos o noso sentido do humor.

O casting de Mais Retranca recorrerá todos os pobos de Galicia. As gravacións se farán nos mesmos pobos. En locais por todos coñecidos e en compañía dos nosos amigos e familiares.

O Sábado 5 de Abril gravarase o casting en LUGO.

Haberá tres categorías: “Conta chistes”, “Historias con retranca” e “estilo libre”. Nesta última categoría se inclúen imitadores, bailaríns graciosos, cantantes con cancións de humor…, calquera actuación sempre con tono humorístico.

A duración das pezas humorísticas terán que ser entre 1 a 2 minutos aproximadamente. As pezas poderán ser individuais ou en grupos de ata 3 persoas.

 A participación está aberta a todas as idades.

O programa estará conducido por os humoristas Tonhito de Poi e Deborah Vukusik.

O casting de Mais Retranca emitirase en datas próximas pola Televisión de Galicia e, os programas da cadea que contratan humoristas (Luar, Xogo de Familia, Era visto, A Casa da conexa…) estarán moi pendentes para descubrir as novas promesas do humor galego.   

Todos aquelas persoas que queiran participar deberán poñerse en contacto co programa no teléfono 649 827 061 ou no email: maisretranca@adivina.com explicando en que consitirá a súa actuación.   

24 de marzo de 2014 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.