Lalín cifra en máis de 1,5 millóns de euros a valoración das informacións ofrecidas sobre o cocido
En total, xeráronse 879 novas, reportaxes e informacións nos distintos formatos. Sendo a prensa escrita a que máis recolleu a feira con 439 insercións ás que habería que engadir que unha parte moi importante das insercións de internet, máis de 400 tamén corresponden as edicións dixitais de xornais de toda España.
O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez, cifrou en “máis de 1,5 millóns de euros o impacto das novas reflectidas en prensa, radio, televisión e internet sobre a Feira do Cocido 2014, segundo os datos aportados pola empresa de seguimento de medios Kantarmedia”, aos que habería que engadir deceas de medios multimedia locais que non se recollen neste informe .
A firma de estudios de medios “deu un balance de 1.238.960 euros aos que habería que sumar os programas completos emitidos por RNE-R5 o sábado do Cocido dende a Sala de Prensa e a Gran gala de Gastronomía de Galicia de TVG que ao ser programas completos, e por temas de dereitos de imaxe, non pode recoller esta firma pero que superarían con moito os 300.000 euros de valoración”. A maiores tamén habería que sumar todas as novas emitidas por televisións locais e radio locais e autonómicas –solo recolle a emisión de Radio Galega a nivel autonómico- que no aparecen recollidos no resume e supoñen horas e horas de difusión sobre a feira e centos de miles de impactos.
O edil destaca a “ampla presenza nos medios nacionais que acreditaron os distintos eventos relacionados ca feira 2014 que acadou unha presencia mediática que mantén a tendencia de ir incrementándose ano tras ano”.
En total, xeráronse 879 novas, reportaxes e informacións nos distintos formatos. Sendo a prensa escrita a que máis recolleu a feira con 439 insercións ás que habería que engadir que unha parte moi importante das insercións de internet, máis de 400 tamén corresponden as edicións dixitais de xornais de toda España.
No resumo aportado, Kantarmedia recolle insercións sobre a Feira do Cocido, os actos paralelo ou as diversas actividades en máis de 40 medios de comunicacións escritos nos que figuran algúns dos xornais máis importantes como EL Pais, El Mundo, ABC, e a práctica totalidade dos medios galegos. Só en prensa escrita e medios de comunicación dixitais, xeráronse preto de 800 impactos.
En medios multimedia recolléronse un total de 30 reportaxes ou novas, a gran maioría a nivel nacional, sumando –excluíndo programas completos como o de De Galicia para el Mundo, o Lúar do Cocido, e o programa especial de Radio 5, 250.000 euros e máis de 6 millóns de impactos.
TVE1, La 2, Antena 3, Telecinco e La Sexta fixeron reportaxes ao longo dos tres primeiros meses do ano sobre a Feira, e foron numerosas as insercións realizadas por Televisión de Galicia. A nivel radio, 8 radios a nivel nacional, entre elas RNE, SER e Onda Cero, ofreceron informacións sobre Lalín e as súas celebracións.
En total, Kantarmedia fala de 879 reportaxes que obtiveron 122.639.500 impactos de Audiencia, aportando a prensa escrita máis de 64 millóns.
O día grande da Feira e ao seguinte, 23 e 24, sumáronse 140 insercións con máis de 17 millóns de impactos.











