La Pera Llimonera representa ‘Rucs, el maleficio del brujo’ no Fórum Metropolitano
A Concellaría de Cultura informa de que mañá, sábado 15 de marzo, ás 19.00 horas, o auditorio do Fórum Metropolitano acolle a representación de Rucs, el maleficio del brujo, dentro do ciclo Todo Público.
La Pera Llimonera trae ao Fórum Metropolitano Rucs, el maleficio del brujo, a aventura de dous comediantes condenados a ir de pobo en pobo explicando O Maleficio do Brujo. Hai moitos anos, nun país moi afastado, un rei moi poderoso marchou á Guerra do Garavanzo, confiando o seu reino e a súa filla, a princesa Catalina, ao mago da Verruga Verde, quen, seducido pola beleza da princesa, pediulle a súa man, pero Catalina, namorada do príncipe Rosendo, deulle cabazas. O mago, nun ataque de celos, convértea en ra. Para poder desfacer o encantamento, o valeroso príncipe Rosendo verase envolvido en sorprendentes aventuras.
Rucs, el maleficio del brujo, para maiores de 7 anos, é unha comedia de creación propia onde os actores interpretan múltiples personaxes utilizando a linguaxe da máscara, o xograr, o clown e os bufóns. O prezo das entradas é de 6 euros (abono 3 familiar, 15 euros).











