Katia Calvar e Lúa Piñeiro quedaron a un paso da loita polas medallas no Open de Holanda
Lúa Piñeiro e Katia Calvar quedaron a un paso da loita polas medallas na 41 edición do Open de Holanda, un torneo de altísimo nivel con seleccións nacionais e medallistas internacionais. A Federación Galega de Taekwondo desprazou a un completo equipo en busca de puntos para o ranking mundial.
O torneo, da categoría G-2 e puntuabel para o ranking mundial, disputouse en Eindhoven (G-2) coa participación de case 1.400 deportistas das categorías cadete, júnior e sénior.
Katia Calvar (-62) fixo un gran torneo. Gañou en primeira rolda á rusa Julia Volkova (3-4), despois eliminar á checa Libuse Modeva (13-1) e a escocesa Carla Summerhill (14-1), en ambos casos de forma moi contundente. Pero a galega caeu nos cuartos de final nun disputado combate fronte a Marina Sumi (Croacia) por unha diferenza de dous puntos (2-0). Pola súa banda, Lúa Piñeiro (-67) tamén chegou aos cuartos de final. Superou a canadense Nathalie Iliesco (2-0) e caeu contra a turca Nur Tatur, unha competidora excepcional, nun precioso choque (9-7).
Laura Lorenzo (-46) gañou o primeiro combate á rusa Maria Smirnova (1-0) e caeu no seguinte contra á representante húngara Barbara Ducz (4-8).
O sábado competiron Borja Ríos e Juan Fernández en -58 quilogramos. Borja superou na primeira rolda ao marroquí Ibrahim Aghbal nun emocionante combate que se decidiu na morte súbita (3-3). Despois caeu fronte ao ruso Ruslan Poiseev, medallista europeo, (2-12). Pola súa banda, Juan Fernández perdeu na primeira rolda contra outro oso duro, o medallista europeo Stipe Jarloni (Croacia) por tres puntos (11-7).











