Juanjo visita aos alumnos do Colexio San Jorge

Juanjo na visita ao centro
O porteiro do Santiago Futsal, Juanjo Angosto, visitou esta mañá despois do adestramento aos alumnos e alumnas do Colexio San Jorge. O xogador charlou cos pequenos explicándolles como traballa un porteiro profesional e a súa experiencia no mundo do fútbol sala, así como os seus éxitos coa Selección Española.
Os alumnos e alumnas do centro escoitaron atentos as experiencias relatadas polo porteiro internacional, e puideron preguntarlle acerca de curiosidades como a relación cos seus compañeiros, os títulos gañados, as súas mellores paradas, etc. Tras a quenda de preguntas, Juanjo asinou autógrafos e sacouse fotos cos alumnos e alumnos. Ademais, o porteiro convidou os alumnos do centro ao próximo partido do Santiago Futsal ante Magna Navarra, que será este venres ás 21h no Multiusos Fontes do Sar.











