Juancho Armental impartirá a sesión ‘Empresa & Deporte: Render en tempos de crises” para o Club de Empresas Obradoiro
O psicólogo deportivo Juancho Armental impartirá mañá martes ás 19.00 horas, no Club Financeiro de Santiago (polígono industrial de Costa Vella), unha sesión práctica con claves para “render en tempos de crises” . Todos os patrocinadores e colaboradores do Rio Natura Monbus poderán asistir ao acto no que o xerente de Arestora Consultores dará algunhas nocións básicas pondo en relación os aspectos comúns da empresa e o deporte, para conseguir rendemento a pesar da crise económica.
Ademais, a intervención maxistral irá seguida por un debate aberto en que os membros do staff técnico do club e empresarios da zona unidos a el, exporán as súas ideas sobre a materia. Tamén colaborará no evento Hijos de Rivera S.A con unha cata de cervexas para todos os asistentes, e coa presenza do mestre cervexeiro Fernando Igrexas.
A iniciativa sucede así a outros variados proxectos do Club de Empresas Obradoiro, como o ciclo de charlas Basket & Cheese de Queixería Barral ou o divertido Torneo Prol-Am Segundo Rei. Neste evento tamén colabora: Grupo Arestora, Estrela Galicia, Club Financeiro de Santiago, Air Hostess, Quercus IP, Jael Xoiaría e CEGA Audiovisuais.











