IX Festa do Lacón da asociación cultural Saiñas, en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioXove
A-
A+

Un ano máis, a Asociación Cultural Saiñas celebra a Festa do Lacón, sendo este ano a súa IXª edición. Importante acontecemento cultural-gastronómico que se vai desenvolver o vindeiro Sábado 22 de Marzo a partir das 20:30h. no Pavillón Municipal de Xove.

Esta previsto repartir sobre 350 racións, cada ración estará composta por: Sopa, Lacón, Chourizo, Pataca, Pan, Bebida e de postre unha chocolatada; polo que é unha boa e moi barata opción para cear ese día, e degustar un menú tan típico das nosas terras. Esta ración terá un prezo de 7€ en venta anticipada e de 8€ o mesmo día da Festa, e poderanse mercar na entrada do pavillón.

Durante esta cea popular actuarán os máis peques da Asociación Cultural, o grupo dos Cacharelas, e unha vez rematada a cea, todos poderemos bailar e desfrutar con DISCO MÓVIL PEGASO ata altas horas da madrugada. Durante os descansos desta disco movil realizaranse diferentes sorteos.

A media noite, todos os alí presentes poderán desfrutar tamén dunha chocolatada, acompañada de bizcoitos, rosquillas ou madalegnas.

A Asociación Cultural Saiñas de Xove, quere agradecer a colaboración de: Concello de Xove, Establecimientos Rey e A Medela CB e Cesáreo Eijo. Así como dos diferentes establecementos que nos donaron productos para o sorteo como Estética Marta, Peluquería Rosa, Caroa, Suárez y Oliver, Peluquería- Floristería Fina, Restaurante- Pulpería O Refugio.

21 de marzo de 2014 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.