publicidade hoxe

Intenso e emocionante encontro do Boiro e As Pontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroDeportes
A-
A+

Intenso e emocionante ata o último minuto con ocasións para ambos equipos, así se podería describir o partido xogado esta tarde en Barraña entre o C.D. Boiro e o As Pontes de Manolo García que, pola posición na que chegaban os dous conxuntos xa se presaxiaba que ia ser un partido digno de ver para os siareiros. O Boiro levou as rendas xogo na primeira metade, mentres que a segunda estivo máis repartida pero os locais souberon xestionala.

Gol tempraneiro

Aínda estaban a entrar siareiros pola porta do municipal de Barraña cando un incríble centro de Padín rematado polo vigués Pedro García poñía o 1-0 no electrónico. O As Pontes estaba a xogar a un nivel moi inferior do que o faría no segundo tempo. Iván González anotaría o segundo e último tanto do Boiro no minuto once despois de bater cómodamente ó cancerbeiro visitante tras pinzar o balón dende fora da área.

O As Pontes espertou

Os de Manolo García espertaron a partir do minuto vinte, comezaron a xogar e a presionar e, no minuto 21 Bossa puido facer o Bossa puido facer o primeiro do conxunto visitante. Pero Mackay foi quen de atrapar o esférico que ia raso á esquina infierior esquerda da meta boirista.

Anxo, case

Tres minutos antes de que o colexiado sinalase o final dos primeiros corenta e cinco minutos, Anxo puido sentenciar o partido marcando o tres a cero ó rematar un rechace do cancerbeiro visitante. O tempo de lecer chegaría, finalmente, no minuto.

Gol do As Pontes

Despois de que se retomase o xogo, o As Pontes logrou anotar o seu primeiro tanto do encontro grazas a un remate de Dani no minuto 56, despois de que o conxunto de Barraña cométese un erro defensivo. Uns minutos máis tarde os visitantes casi logran o empate a través de Amado, que quedou só ante ante Mackay nunha dubidosa xogada en posición antireglamentaria, pero o seu tiro, por sorte para o conxunto de Gelucho saiu desviado por fora da portería.

FICHA TÉCNICA

CD Boiro: Mackay, Paco, Anxo (Hugo Soto, min. 79), Carde, Marcos, Pedro, Rubén, Jacinto, Armental (Javi Pérez, min. 68), Padín (Bendaña, min. 75) e Iván.

As Pontes: Kiko, Rochela, Nano, Dani, Aitor, Esmoris (D. Amado, min. 48), Iván G. (Chote, min. 83), Bossa, Sergio, Álex (Santi, min. 83) e Pablo Domínguez.

Árbitro: Alejandro del Río Amor, da delegación arbitral de A Coruña. Amonestou a Anxo, Jacinto e Pedro por parte dos locais e a Esmoris por parte do As Pontes.

Incidencias: Municipal de Barraña, 400 persoas.

16 de marzo de 2014 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.