Inícianse as obras de acondicionamento do camiño que une Confurco e Ces

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O Concello de Lousame informa de que hoxe deron comezo as obras de acondicionamento do camiño Confurco-Ces, orzamentadas en 59.422.40 euros. Unhas obras cofinanzadas polo Concello de Lousame, que achega algo máis de 10.000 euros, e polo AGADER, con algo máis de 49.000 euros a través do Plan marco Programa Mellora de Camiños de titularidade municipal 2013-2014, financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

As obras consistirán na limpeza de gabias en ambas marxes do vial que une Confurco e Ces, de 6 metros de ancho e un sobreancho de 25 m2. Así mesmo, procederase á mellora da súa capa de rodaxe con cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a superficie, previo bacheo con pedra e tratamento asfáltico semiprofundo. Unha vez rematados os traballos, realizarase a sinalización horizontal co pintado de liñas en bordes.

18 de marzo de 2014 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.