Inícianse as labores de acondiconamento e limpeza nos areais municipais de Cangas
A Concellería de Medio Ambiente e Praias comezou a traballar na limpeza e acondicionamento das praias municipais despois de finalizar a semana anterior coas tarefas de inspección dos areais cangueses co obxectivo de valorar os efectos producidos polos temporais que visitaron a costa galega ao longo de todo o inverno. As tarefas de acondicionamento foron iniciadas esta semana na praia de Rodeira procedéndose a limpeza manual das dunas por parte da brigada medio ambiental municipal. Tamén reparouse a parte do paseo danada polo gran cantidade de auga despraza polo río Saíñas na súa desembocadura debido as constantes precipitacións durante os últimos meses.
Ademais están programadas unha serie de reparacións pola brigada de Obras para a reparación de elementos deteriorados por mor dos temporais, como algunha pasarela de acceso, rampas, casetas, etc..
“Durante as sucesivas semanas continuarase traballando no resto dos areais segundo o cronograma planificado tras a inspección, con a limpeza manual nas dunas e co apoio de medios mecánicos no resto das zonas” salientou o concelleiro de Medio Ambiente e Praias Jesús Graña, que recordou que o Concello conta para estas labores con dúas máquinas limpa praias, unha municipal e outra da Mancomunidade do Morrazo adquirida o ano pasado coa axuda da Deputación de Pontevedra. Tamén está programado a realización de labores de rozado e acondicionamento dos accesos e o entorno dos areais por parte da brigada municipal co obxectivo de queden listos “para que que estean en perfectas condicións para disfrute de todos os cangueses e canguesas, ademais dos numerosos turistas que adoitan visitalas”, destacou o edil.
Graña recalcou que “dende a Concellería de Praias somos conscientes que as nosas praias son o noso principal atractivo turístico, que acompañado pola boa climatoloxía resultan un reclamo para a chegada de novos visitantes” engadiu, coa mirada posta nas próximas vacacións de Semana Santa.











