Inaugurouse o auditorio de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrolLocal Portada
A-
A+
Acto de apertura do auditorio de Ferrol

Acto de apertura do auditorio de Ferrol

O novo auditorio de Ferrol conta cun investimento de máis de 16 millóns de euros, nun recinto de 7.000 metros cadrados e unha capacidade para 900 persoas, sendo destacable a acústica do recinto considerada unha das máis prestixiosas enxeñerías acústicas de España.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e a delegada da Xunta, Belén do Campo asistiron ao acto de apertura do auditorio.

Alfonso Rueda destacou a importancia da inauguración, non só polas características do auditorio senón porque a inauguración é a historia dun compromiso finalmente cumprido da Xunta e o concello de Ferrol.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández destacou na súa intervención o esforzo orzamentario realizado nesta infraestrutura cultural, incidindo que estas obras son só algúns exemplos das actuacións que a Xunta está a desenvolver a través do PLAN HURBE, que desde a súa posta en marcha en 2010 leva propiciadas un total de 77 actuacións, cun investimento de preto de 90 millóns de euros.

15 de marzo de 2014 | 14:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.