Inaugúranse as ‘XIX Xornadas de filosofía e metodoloxía actual da ciencia’ en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu hoxe a  inauguración das “XIX Xornadas de Filosofía e Metodoloxía Actual da Ciencia”, que abordan nesta edición a “Filosofía da Psicoloxía: A concepción de James Woodward”. O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto Barbeito, e o profesor do Departamento de Humanidades Wenceslao González, participaron tamén no acto de apertura deste encontro que hoxe e mañá se celebra no Salón de Actos do Vicerrectorado do Campus de Esteiro.

Na súa intervención, Rey Varela comprometeu a continuidade da Administración municipal xornadas como esta, xa que “a labor a prol do coñecemento científico é algo ao que prestamos especial atención dende o Goberno da cidade, como ben demostrou o congreso dedicado a Jorge Juan e Ferrol celebrado neste mesmo Salón de Actos o pasado mes de decembro; ou o vindeiro Congreso Europeo de Turismo Industrial, auspiciado pola Comisión Europea e que terá lugar en xuño”. O primeiro edil ferrolán tamén subliñou a importancia de seguir colaborando coa Universidade na difusión do coñecemento e na investigación como “eixes para avanzar cara un maior desenvolvemento e unha sociedade mellor”.

13 de marzo de 2014 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.