Inauguración da mostra fotográfica de JuanChamorro “Do Mar e Outras Lendas Galegas” no IEM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioGondomar
A-
A+

O día venres 14 de marzo ás 20:30 horas a Aula de Cultura Ponte de Rosas recibe unha nova mostra: “Do mar e outras lendas galegas” do fotógrafo miñorano JuanChamorro (Nigrán). A exposición será presentada polo deseñador gráfico e xornalista Pedro Telmo Rodríguez (Valminor.info). Nela poderase transitar por distintas paisaxes do pais capturadas nos últimos anos por Chamorro e presentada nunha colección de 25 imaxes de 40x30cm.

Como é tradición, logo da presentación compartiremos co autor un viño achegado por Bodegas Terras Gauda e unhas roscas da Panadería Copena de Gondomar.

A mostra permanecerá aberta do 14 de marzo ao 9 de maio e poderá ser visitada gratuitamente de luns a venres de 19 a 21 horas.

13 de marzo de 2014 | 10:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.