I Rallie San Telmo de Regularidade Tui-Valença

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTui
A-
A+

Este sábado, 22 de marzo, celebrarase o I Rallie San Telmo de Regularidade Tui-Valença, organizado pola Escudería Dona Urraca en colaboración co Concello de Tui e da Cámara de Valença.

Este rallie da regularidade percorrerá os municipios de Tui, Valença e Tomiño, sendo os tramos segredos ata o mesmo día da proba.

A concentración dos coches participantes terá lugar na rúa Compostela dende as 14.30 horas, realizándose a partir desa hora as verificacións administrativas e ás 15.30 horas as verificacións técnicas. A saída do rallie terá lugar ás 17.00 horas dende o podio instalado no Paseo da Corredoira.

Os participantes terán que facer un reagrupamento na mesma rúa Compostela ás 19.15 horas, rematando a proba deportiva ás 21.00 horas no restaurante Cruceiro do Monte, onde se entregarán os trofeos.

20 de marzo de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.