Honrosa derrota do Mecalia ante un gran equipo, o Bera Bera
Durante os primeiros 30 minutos, o encontro estivo moi igualado, con defensas moi fortes por parte de ambos os conxuntos, o Guardés conseguía manter a igualdade no marcador, salvo no últimos cinco minutos en que algúns fallos en ataque permitiron ás donostiarras abrir o marcador.
A segunda metade xa foi outra cousa, un Bera Bera lanzado ao ataque, cunha espectacular defensa non deu opcións a un Guardés que a pesar de defender ben, a súa falta de fluidez en ataque e as sucesivas perdas de balón propiciaban as rápidas e eficaces contras que abriron o marcador até os 9 tantos favorable ás vascas. Con todo, un cambio de táctica defensiva e unha maior eficacia de face a porta permitiron maquillar un pouquiño o resultado nos minutos finais.
Ao final, o Bera Bera foi un xusto vencedor, ante un Guardés que foi un moi digno rival.
Ficha do encontro
Polo Mecalia.- Carla Abad, Vanesa Amorós (3), Cristina Barrios (2), Ana Cerqueira, Catarina Corte (2), Andrea Dapena (1), Ronsel Doiro (5), Amit Izak, Alesia Kurchankova (5), Cristina Mestre, Carmen Martín (1), Barbara Cerqueira (2), Laura Morais, Lucia Rodriguez.
Exclusións.- Cristina Barrios, Carmen Martín.
Polo BeraBera.-Adriana Cardoso (3), Veronica Cuña, Nitsan Dunay, Sivia Ederra (2), Patricia Elorza (1), Ana Isabel Martinez (4), Alba Menendez (5), Ana Temperán(Porteira) (1), Matxalen Ziarsolo (2), Maria Acuña, Nagore Arizaga, Esther Arrojeria (1), Maitane Echeverria.
Exclusións.-Isabel Martinez (2), Alba Menendez (2)
Árbitros.-Javier Alvarez (País Vasco), Ion Bustamante (Navarra)
Marcador cada 5 minutos.-
2/2, 4/4, 5/6, 7/7, 9/9, 10/12 Descanso 10/14, 12/18, 14/22, 15/24, 18/25, 21/26 Final











