Gran éxito de participación na primeira andaina do Concello da Guarda

Participantes na andaina
O pasado sábado levouse a cabo a primeira andaina do ano 2014 na que participaron máis de 150 personas. Organizada polo Concello da Guarda xunto coa Cámara Municipal de Caminha, os camiñantes percorreron un tramo do Camiño Portugués da Costa na Foz do Miño.
Os participantes disfrutaron das maravillosas vistas da océano atlántico dende Vila Praia de Áncora e despois de cruzar o río Miño no Ferry proseguiron polo tramo marcado como Camiño de Santiago na Guarda.
Entre os caminantes, destacou a presenza do alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, o presidente da Cámara de Caminha, Miguel Alves, o concelleiro, Rui Teixeira, e acompañado por varios concelleiros da nosa vila e membros do clube Desnivel Positivo.
Dende o Concello da Guarda queremos agradecer a colaboración da Cámara Municipal de Caminha e do clube Desnivel Positivo.
A próxima andaina será o 5 de abril polas pozas de Melón e as termas de Prexegueiro (Ourense), destacando un maior nivel de dificultade.











