Gran calidade no galego de técnica e freestyle celebrado en Moaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportes
A-
A+
Proba dun dos participantes. Foto: Odhra

Proba dun dos participantes. Foto: Odhra

O domingo 30 de maio celebrouse en Moaña o Campionato Galego adulto de técnica e freestyle, coa participación de preto de trescentos deportistas. Ambos torneos son clasificatorios para o campionato de España.

O domingo 30 pola mañá celebrouse o Campionato Galego de técnica de adultos coa participación de máis de 200 deportistas. Foi un torneo cun altísimo nivel, xa que en xogo estaba a praza para acudir ao campionato de España. No seu regreso á competición non decepcionou Samuel Meilán, que levou o ouro nas tres competicións nas que participou (sénior 1, trío e freestyle). Na clasificación por equipos en técnica, o gañador foi o Tao nas tres categorías (masculina, feminina e xeral).

E pola tarde, disputouse o II Campionato Galego de Freestyle, coa participación de case 80 deportistas. En só dous anos de vixencia o freestyle está amosando un enorme pulo e con respecto ao ano anterior, dobrouse o número de participantes. Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan), campión de España e de Europa, logrou o triunfo e a clasificación para o campionato de España. Con respecto á clasificación de clubs, estivo moi aberta: En masculina impúxose o Moo Duk Kwan; na feminina o gañador foi o Hebe e na xeral, o Kiap.

31 de marzo de 2014 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.