Germán Arteta é nomeado novo director da Fundación Celta de Vigo
Comeza unha nova etapa na Fundación Celta de Vigo, o alicerce da canteira do Real Club Celta, coa incorporación de Germán Arteta, quen substitúe a Serafín Alonso á fronte da entidade. O novo director da Fundación comezou xa o seu traballo para potenciar a institución que ten a chave do desenvolvemento e mellora das categorías inferiores do club.
Germán Arteta é un bo coñecedor do mundo do deporte fútbol, xa que durante anos ocupou diversos cargos de responsabilidade en diversas firmas de material deportivo moi vinculadas con este deporte.
O director da Fundación Celta de Vigo posúe experiencia na investigación de mercados, campo no que traballou para Prudential Insurance of América, entre outras empresas. Foi director de Mercadotecnia en Umbro, Westport e Maua e máis recentemente distribuidor de Errea Sportswear, Canterbury of New Zealand e CEO en Arenal Sporstwear. Na súa última etapa profesional, até a súa chegada á Fundación Celta, ocupou o cargo de Adxunto a Dirección para Iberia e América na empresa Alemá Bosch Communication Center.
Germán Arteta é licenciado en Económicas pola London Guildhall University, diplomado en Mercadotecnia en INTE e Master en Mercadotecnia en Berkeley University of California.











