Fomento comeza as obras do novo enlace na Coruña entre Pablo Picasso e a avenida de Glasgow

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Europa Press
Inicio das obras

Inicio das obras

O Ministerio de Fomento iniciou este luns as obras do novo enlace de conexión da avenida de Glasgow coa rúa de Pablo Picasso na Coruña, segundo informa.

Na actualidade, o fluxo de vehículos e peóns entre as rúas de Pablo Picasso e Glasgow, atravesando a avenida de San Cristóbal, está regulado semafóricamente.

Coa solución inicialmente prevista no proxecto do tramo As Lonzas-A Zapateira da AC-14, na Terceira Rolda da Coruña, as obras da cal están en execución, non se mantiña a continuidade entre ambas as dúas rúas.

Tras a solicitude do Concello da Coruña en 2013 de realizar a conexión entre ambas as dúas rúas, o Ministerio de Fomento acordou a incorporación desta mellora ás obras en execución.

Para iso, construirase un novo paso superior para o eixe Glasgow -Picasso, ademais de dúas vías colectoras laterais. Este novo deseño “facilitará a permeabilidade entre os barrios de Elviña e O Birloque”, informa o Ministerio de Fomento sobre un enlace cun custo aproximado de 3,3 millóns de euros.

31 de marzo de 2014 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.