Finalizan a II Fase de pavimentación de formigón en seis vías coruñesas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

As concelleiras de Barrio, Carmen Hervada e Susana Pazo, visitaron a rúa Fernández Latorre con motivo da finalización dos traballos de remodelación que se levaron a cabo no tramo de Concepción Arenal. A área de Infraestruturas tamén informa da finalización das obras de renovación da rúa Enrique Dequidt e da segunda fase de pavimentación de formigón das vías urbanas. Todos estes traballos enmárcanse dentro do compromiso do Goberno local polo mantemento e modernización dos espazos públicos e vías da cidade.

En concreto, o Concello inviste 152.579 euros na zona de Fernández Latorre co obxectivo de renovar os pavimentos peonís e ampliar a rede de pluviais para a mellora do saneamento en Fernández Latorre e Concepción Arenal, no barrio de Catro Camiños. Substituíuse a baldosa hidráulica -moi envellecida e con graves deficiencias- por baldosa granallada.

REMODELACIÓN DA RÚA ENRIQUE DEQUIDT

As obras, cun investimento de 166.897, tiveron como obxectivo liquidar as graves deficiencias de pavimento que presentaba esta vía para modernizar e mellorar as condicións desta céntrica rúa que conta cun elevado tránsito de viandantes. Substituíuse o pavimento peonil por baldosa granallada, combinando o gris claro co gris basalto; reparáronse os danos do pavimento rodado, utilizando material idéntico ao existente; e ampliouse a rede de pluviais.

II FASE DE PAVIMENTACIÓN DE FORMIGÓN

A segunda fase de pavimentación de formigón executouse nun total de seis vías da cidade cun orzamento de 144.600 euros. En concreto abarcou as rúas Santander, Santo Tomás, Biscaia, Novoa Santos, Rampla do Matadoiro e Coronel Cerviño Núñez. Nestes viarios, os traballos consistiron en renovar os firmes mediante a demolición e reposición da sección completa do pavimento, restitución das tapas dos pozos de rexistro e repintado da sinalización horizontal.

28 de marzo de 2014 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.