Finaliza o curso monográfico de prevención e manexo de maquinaria forestal e xardinería do obradoiro de Cerdedo
O vindeiro veres 28 de abril as 14:00 horas entregaranse os diplomas do curso de prevenció e Manexo de maquinaria forestal /xardinería que foi impartido por Motos Calvelo e o departamento de formación Andreas Stihl.
A entrega de diplomas será presidida polos Alcaldes de Cerdedo e Campo Lameiro, equipo Directivo do Obradoiro e representante de Motos Calvelo.
Os 14alumnos/as do I OBRADOIRO DE EMPREGO CONCA DO LÉREZ , 7 alumnos/as de da especialidade de traballo forestal – xardinería de Cerdedo e outros 7 da mesma especialidade de Campo Lameiro asistiron ó curso monográfico de prevención e manexo de maquinaria forestal e de xardinería o pasado 9 de xaneiro. O curso integrase dentro da formación específica dos alumnos/as na súa especiliade de traballo forestal – xardinería e foi impartido por Motos Calvelo e o departamento de formación Andreas Stihl. Sendo esta formación sin custo algún para o obradoiro.
O obxetivo desta formación e perfeccionarse nos coñecementos necesarios para traballar con seguirdade, realización de labores de mantemento adecuadas das máquinas e melloras as técnicas de traballo, así como coñecer os productos máis adecuados para cada tipo de operación e as últimas novidades do mercado co fin de conseguir maior eficiencia e productividade.
Estructurouse en dúas partes una teórica e unha práctica. Na parte práctica, , apeáronse varias árbores desramándoas e troceándoas e levouse a cabo distintas técnicas de traballo según o tipo de corte, fíxose a práctica nunha pendente que dificultou o traballo e esixeu unha maior aplicación dos equipos de protección individual.











