Finaliza a instalación de tuberías para evitar inundacións no Campo da Modia en Cambados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

Remataron os traballos de instalación duns 200 metros de tubería rugosa de PVC para conter e canalizar as augas pluviais que desbordaban a zona baixa do Campo da Modia nos últimos meses. Estes labores realizados permitirán conducir as augas cara un regato que permitirá drenar as acumulacións que preocupan á veciñanza desta zona.

O tramo de calzada afectado por estas obras, unha vez cubertas as zanxas, volve abrirse ó tráfico. Os técnicos confían en que esta nova canle axude en gran medida a evitar as inundacións que se viñan rexistrando nos últimos invernos.

Os operarios estiveron agardando o momento oportuno, en canto cesaron as choivas, para intervir nesta zona do Campo da Modia, onde se produciron inundacións durante o longo periodo invernal que rexistrou elevadisimos niveis de pluviosidade.

No Campo da Modia non se actuou antes por causa do mal tempo e, ademáis, por falta de presuposto para afrontar a que se prevía como unha intervención dificultosa e moi gravosa económicamente.

Despois de estudar o problema da zona a fondo, os técnicos entenden que debería ser suficiente con acometer estes traballos menos custosos do previsto inicialmente e, polo tanto, máis factibles para as arcas municipais.

14 de marzo de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.