Festival poético musical do Baixo Miño na Guarda
O vindeiro sábado, 5 de abril, terá lugar no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda un Festival Poético que, organizado pola Asociación de Poetas do Baixo Miño, xunto coa colaboración do Concello da Guarda, pretende reunir un pequeno tributo a este xénero literario.
Poetas do Baixo Miño, propúxose coa celebración deste evento destacar o valor dos máis novos, e por iso reúne no seu cartel a cerca dunha decena de rapaces guardeses que nos deleitarán con diferentes poemas.
Ademais, no seu intento de constituír un acto festivo, congregarase nel tamén a destacados grupos musicais da nosa vila, así como instrumentistas do conservatorio.
O acto que estará conducido polo periodista Pepe Costas, contará coas intervencións dos poetas:
– Emilia Rosende
– Cástor Rodríguez
– Oliva Mª Pereira
Dende o Colexio PP Somascos
– Iria Sanz Berridy
– Marcos Baz Martínez
– Blanca Martínez Salinas
– Mario Fernández Baz
– Lucía Baz González
– Iria Peniza Rodríguez
Dende o Colexio Manuel Rodríguez Sinde:
– Verónica Sobrino
– Saray Alfonso
E as actuacións musicais de:
– Coro Cantabile
– Grupo Xamaraina
– Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa
– Andrea Rey Vallarino (Violín)
– Montserrat González Pérez (Viola)











