Ferrol executa a mellora de viarios en Esteiro, Ensanche, estrada de Castela e no acceso á estación de autobuses
O Concello de Ferrol continúa avanzando en actuacións de aglomerado en viarios do municipio e as condicións meteorolóxicas favorables das últimas semanas están permitindo intensificar os traballos de mantemento de viarios e beirarrúas que leva a cabo a empresa Misturas S.A, adxudicataria do servizo municipal de Mantemento de Infraestruturas. Asi, no programa de traballo de hoxe, os dous grupos de operarios que ten en activo diariamente a concesionaria ten en previsión intervencións de aglomerado en diferentes puntos dos barrios de Esteiro, Canido, Ensanche, estrada de Castela, etc.
En concreto, as intervencións do Servizo de Mantemento de Infraestruturas Viarias concéntranse na xornada de hoxe en:
-Rúa Fernando VI.
-Rúa Velázquez.
-Avenida de Vigo.
-Avenida do Rei.
-Rúa Instituto.
-Estrada de Castela.
-Acceso á estación de autobuses.
-Camiño de Rajón, en Covas.
Ademais destas tarefas de mellora da pavimentación con actuacións de aglomerado, os operarios do servizo de mantemento do Concello de Ferrol tamén executan na xornada de hoxe reparacións en beirarrúas nas rúas Venezuela (Ultramar) e Codesal (en San Plabo-Catabois).
Dende hai dúas semanas, coa chegada da “tregua” metereolóxica, entre doce e catorce persoas traballan diariamente na mellora e mantemento dos viarios e beirarrúas de Ferrol. Antes de que remate o presente mes de marzo, se terán feito máis 60 intervencións de aglomerado de rúas e camiños por todo o municipio, segundo o plan de traballo da empresa adxudicataria desta prestación municipal.











