Ferrol duplica o número de operarios destinados ao mantemento viario
O Goberno de Ferrol, a través da Concellería de Medio Ambiente e Servizos, que dirixe Borja Carro Muñoz, vén de reforzar o servizo municipal de Mantemento de Infraestruturas Viarias coa incorporación esta mesma semana dun segundo grupo de operarios, polo que dende a xornada do pasado xoves entre 12 e 14 persoas traballan diariamente a pé de rúa reparando viarios e beirarrúas do termo municipal. Este reforzamento das tarefas de mantemento e conservación de viarios permitirá acometer nun prazo aproximado de tres semanas máis de 60 actuacións de aglomerado noutros tantos lugares de Ferrol, se as condicións meteorolóxicas o permiten.
Así as cousas, e segundo se recollen nas previsións de traballo do Servizo de Mantemento Viario –do que se ocupa a empresa Misturas S.A- os operarios acometen dente onte intervencións de aglomerado en: rúa Poeta Pérez Parallé, Marola, zona de aparcamento da piscina municipal da Malata, praza de Canido, avenida do Rei e de Vigo, rúa Velázquez e Coste de Mella e Igrexa. A estes traballos que está a levar a cabo a nova cuadrilla de mantemento hai que engadir as tarefas de conservación diarias, que esta semana céntranse na reposición de lousas na rúa Dolores e na reparación de beirarrúa en Adolfo Ros. A execución destes traballos, ademais de duplicar o número de operarios, supón a incorporación de novo equipo material: dúas fresadoras, unha extendedora de aglomerado, dous rodillos aplanadores, dous camións e un camión – bañera.
Esta intensificación dos traballos de conservación e reparación de viarios ten lugar coincidindo coa “tregua” en canto a chuvias e temporais que viña acontecendo de maneira case continuada. Este aumento do número de persoas do Servizo de Mantemento de Infraestruturas e o desenvolvemento de actuacións de aglomerado naquelas rúas do municipio que presentan un peor estado responde a un compromiso asumido pola Concellería de Medio Ambiente e Servizos e así se está a facer ao día seguinte da mellora das condicións climatolóxicas. Así as cousas, o Concello de Ferrol actuará en máis de 70 viarios do municipio, atendendo deste xeito ás demandas recollidas a través da Oficina de Atención Cidadá ou comunicadas polas entidades veciñais.
A listaxe completa de actuacións de aglomerado previstas é a seguinte:
-Piscina da Malata.
-Ponte Cabalo Branco.
-Caranza – Rúa Lepanto.
-Caranza – Casas da Bazán.
-Irmandiños (diante da entrada ao estaleiro).
-Rúa Velázquez.
-Avenida do Rei (túnel)
-Carballo Calero con Estrada de Castela.
-Estrada de Castela diante da entrada ao mercado de Recimil.
-Estada de Castela cruce con rúa Pontevedra.
-Rúa Ramón y Cajal.
-Rúa Maiola.
-Rúa Alegre.
-Paso de peóns situado na rúa Coruña con rúa Alegre.
-Entrada estación de autobuses.
-Cruce Alonso López con rúa Miramar.
-Canido, diante do local da Asociación de Veciños.
-Rúa Marola.
-Avenida de Compostela.
-Rúa Instituto.
-Avenida de Viveiro.
-Praza de Canido.
-Avenida de Compostela e cruce con Roi Xordo.
-Irmandiños (zona máis próxima ao Cantón).
-Rúa Fernando VI.
-Rotonda do Diapasón.
-Rúa Souto.
-Rúa Zurbarán.
-Rúa Irmandade Doantes de Sangue.
-Rúa Antelo.
-Camiño do Toxo.
-Avenida da Paz.
-Rúa Monfero con rúa do Deporte.
-Rúa Pedro Carvajal.
-Rúa Ministro Patiño.
-Avenida de Bazán.
-Camiño do Seixo Branco.
-Basanta con Espiño.
-Rúa Euskadi.
-Avenida de Vigo.
-Rúa Batalla de Brión.
-Campo de Chao – San Xoán.
-Rúa José Fontenla Leal.
-Esmelle – Cha da Mariña.
-Valdomero Beceiro – Serantes.
-Serantellos.
-Rúa Sagrada Familia.
-Estrada de Pedregás – Xoane.
-Rúa Chousa.
-Rúa Juan de Austria.
-Estrada da Trincheira.
-Rúa Pedro Padrón.
-Praza Igrexa Parga.
-Estrada Confurco – Cariño – San Cristobo.
-Camiño Real – Doniños – Cariño.
-Camiño da Cabreira – da Cabana a Valón.
-Rúa Nova de Caranza.











