Ferrol aproba unha declaración institucional con motivo do falecemento de Adolfo Suárez
O Concello de Ferrol garda dende hoxe e até as 00:00 horas do vindeiro mércores loito oficial polo falecemento na tarde de onte de Adolfo Suárez González, presidente do Goberno de España no período comprendido entre os anos 1976 e 1981. Ademais, as bandeiras da Casa Consistorial ondearán a media hasta e quedan suspendidos os actos institucionais organizados polo Concello de Ferrol. Así o deu a coñecer este mediodía o alcalde Jose Manuel Rey Varela tras manter unha Xunta de Voceiros en que se aprobou a seguinte declaración institucional:
– A Corporación Municipal de Ferrol recoñece o importante papel de Adolfo Suárez González a favor da Transición e das liberdades e dereitos que se consagran na Constitución de 1978.
– A Corporación Municipal de Ferrol subliña os valores de concordia, xenerosidade e sentido de Estado do que foi o primeiro presidente de España da actual etapa democrática, como principios que deben rexer a convivencia de todo a cidadanía.
Na Xunta de Voceiros, así como na posterior lectura da declaración institucional participaron, ademais do rexedor ferrolán, os representantes dos grupos municipais de Partido Popular, PSOE e Independentes por Ferrol.











