Fecimo convoca un novo curso de formación para as empresas asociadas
FECIMO ofrece un novo curso para os meses de abril e maio que será totalmente gratuito para os traballadores das empresas asociadas, de calquer sector ou actividade. Esta unidade formativa leva por nome “Xestión de Salarios e Seguros Sociais” e terá unha duración de 45 horas. Será impartido no Centro de Estudios Cangas (Avda. Bueu, 12) do 7 de abril ao 22 de maio.
CURSO DE XESTIÓN DE SALARIOS E SEGUROS SOCIAIS
(40 h. presenciais + 5 h. teleformación).
Contidos:
– O salario
– Os tipos de contratación
– Análise de Nóminas
– Cotizacións á Seguridade Social
– A recadación das contas
– A liquidación
Datas: Do 7 de Abril ao 22 de Maio
Data da presentación: xoves 27 de marzo ás 18:30h
Horario: luns, martes e xoves de 20:00h a 22:30h
A data límite de inscrición é o mércores 19 de marzo 2014. Neste curso só se admitirán 15 alumnos.
As prazas son limitadas polo que, de estar interesado/a, recoméndase poñerse en contacto coas oficinas de FECIMO no teléfono 986 30 50 00 ou cubrir a solicitude de preinscrición na páxina web da Federación: www.fecimo.es onde poderá atopar a relación de cursos formativos que se ofrecen.
A preinscrición non supón a reserva definitiva de praza. Confirmaranse as inscricións definitivas mediante chamada telefónica.











