Feafes celebrou un dos seus partidos no centro deportivo Terra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Fundación Azkar colaborou nunha nova ocasión coa Asociación de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia, FEAFES, o que levou a que a pasada semana se celebrase un partido de fútbol sala nas instalacións do Centro Deportivo Terra en Lugo dunha das xornadas da liga que esta asociación celebra.

Nesta ocasión os equipos que disputaron este partido foron os de Porta Nova de Narón e Morea de O Barco de Valdeorras.

A Fundación Azkar mantén lazos de unión con FEAFES Galicia, asociación coa que mantén convenio de colaboración e deste xeito ponse a disposición da mesma para colaborar en diferentes actividades como foi esta organizada en Lugo.

19 de marzo de 2014 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.