EXPONAV súmase ao Congreso Europeo de Turismo Industrial que se celebrará en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrol
A-
A+
Con motivo do V Congreso Europeo de Turismo Industrial que se celebrará en Ferrol no mes de xuño, a Fundación para o Fomento do Coñecemento da Construción Naval e das Actividades Marítimas, Exponav, organizará unha exposición fotográfica sobre a botadura dos grandes petroleiros en Astano.

A mostra conta con apoio da Deputación a través do convenio que asinou o presidente, Diego Calvo, con Exponav en novembro. Este acordo destina unha partida de 112.500 euros da institución provincial para a fundación, o que supón preto do 80% do orzamento total, que ascende a 140.786 euros.

O contrato, ademais da adecuación do material expositivo, inclúe tamén os gastos de dixitalización de planos, de control dinámico de pezas e de electricidade. Se incorpora tamén no acordo traballos de mantemento reparación integral de pezas expositivas e a atención a visitantes.

Historia do naval

Esta mostra, que se inaugurará un día antes de que comece o congreso internacional, fará un percorrido pola historia do naval en Ferrol, e por iso, e como parte da súa aposta por fomentar o turismo industrial, a Deputación da Coruña colabora coa organización desta mostra.

O V Congreso Europeo de Turismo Industrial celebrarase os días 17,18, 19 e 20 de xuño en Ferrol e congregará á expertos nas rutas temáticas europeas, entre as que está a da Construción Naval, posta en marcha pola Deputación. Porque o obxectivo destas xornadas é destacar a importancia das rutas culturais europeas para o desenvolvemento dunha nova forma de turismo, o industrial. O Congreso este ano leva por temática central “Identidade, industria e cultura”.

6 de marzo de 2014 | 10:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.