Éxito de participación no curso de monitor de tempo libre na Guarda
O sábado día 15 de marzo comezou na Escola Obradoiro Municipal o curso de Monitor de Tempo Libre, organizado pola OMIX do Concello da Guarda. Un total de 14 persoas están inscritas nesta actividade, na que poderán obter o título homologado pola Xunta.
O curso desenvolverase todos os fines de semana ata maio e terá un coste total de 200 euros. Unha vez rematadas as clases teóricas, realizarán as prácticas cunha duración de 150 horas.











