Etapa definitiva en Marín para o Trofeo Galos Xoiaría Arizaga de Cruceiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMarín
A-
A+

Este sábado renóvase e finaliza o XIII Trofeo Galos Xoiaría Arizaga que está a organizar o Real Club de Mar de Aguete e levando a parte técnica a empresa especializada en organización de Eventos Náuticos, Desmarque SL..

Emoción unha vez máis como en todas as regatas que constan de dúas probas soamente e onde en caso de empate leva o premio final o vencedor na última etapa.

Espérase un pouco máis de vento nesta última xornada que o que se tivo hai dúas semanas na primeira. A previsión é de ventos do noroeste con 12 nós de intensidade media e algún que outro chuvasco a partir das 14:30 que será a hora de saída na ría de Pontevedra nas inmediacións da baliza de Pelar fronte á sede do club organizador.

A entrega de premios realizarase no RCM Aguete o mesmo sábado ás 21 horas . Lembremos que por agora parten con vantaxe despois do acaecido na primeira proba,  en ORC Clase Uno o  YOUKOUNKOUN (JOD 35 – Adolfo Castro – CN Portonovo), seguido do AGUIEIRA I (Sun Odissey 40 – Celestino Campelo – RCM Aguete) e o SEBRALA 2 (Bavaria 50 – Magin Froiz – RCN Sanxenxo). En ORC Clase 2 un líder inédito, o LIMAY (Bramador 34 – José Luís Smith – CN Beluso) seguido do ENXUTO (First 310 – Pablo Conde – Royal New Zealand YC.) e FAÍSCA NEJRA (RO 300 – José Rei – CN Beluso), estes dous últimos, empatados a puntos tras acabar igualados no tempo compensado. Na ORC 3 gana por agora o SQÜID  (First 235 – Francisco Lusquiños – CN Portonovo) seguido do CAMARÓN 20 (Yatlant 24 – Alberto Pérez – CN Combarro)e o FIRME (Golfiño 7,25 – Fernando Mckinlay – CNR Escola Marín. Por último, en Clásicos e Veteranos, vai primeiro A PEREGRINA (Puma 23 – Carlos Núñez – independente), seguido polo CASSANDRA (Hillyard 36 – Francisco Javier Pazó – CN Portonovo) e o CORVO MARIÑO (Sirocco MKII – Fernando González – RCM Aguete)

20 de marzo de 2014 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.