Estudantes do Ceip A Rúa presentaron ao alcalde de Cangas o proxecto ‘Cinema en curso’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Esta maña os alumnos de sexto de primaria do CEIP A Rúa presentaron ao alcalde de Cangas José Enrique Sotelo o seu proxecto de rodar un documental sobre a factoría Massó dentro do programa ‘Cinema en curso’ no que participa este centro escolar cangués. No acto os propios escolares trasladaron ao rexedor a súa intención de levar a cabo este traballo para o que solicitaban a colaboración da administración local para a elaboración deste traballo así como permiso para rodar no entorno e, se fose posible, nos interiores da antiga fabrica. Tamén informaron ao primeiro edil da súa intención de estrear o documental no Auditorio Municipal.

Sotelo expresou a predisposición do Concello en colaborar cos estudantes na elaboración deste documental “que aborda unha parte importante de historia de Cangas” sinalou, tanto facilitando documentación e material como na realización da rodaxe. Sen embargo tamén trasladou aos presentes como posibles obstáculos o feito de que as instalacións sexan de titularidade privada e o mal estado de conservación das mesmas.  O rexedor comentou cos alumnos que as dúas áncoras que hai na rotonda de A Rúa forman parte de ese pasado baleeiro de Cangas xa que eran nas que estaban amarradas as balizas onde se retiñan os corpos das baleas previamente a proceder a subilas pola rampa da factoría.

Proxecto ‘Cinema en curso’

Esta iniciativa na que participa o CEIP A Rúa a través do CGAI consiste en trasladar de xeito pedagóxico o cine aos centros escolares. O colexio cangués está traballando nun dos catro talleres do proxecto e que consiste na elaboración de documentais audiovisuais sobre profesións, oficios ou tradicións. A relevancia da factoría de Massó así como a importante número de veciños e de veciñas que traballaron nesta fabrica foi o motivo polo que os estudantes cangueses a elixiron maioritariamente como tema para o seu traballo. No proxecto, no que participan outros centros de Cataluña, Madrid e mesmo Arxentina, os rapaces teñen a oportunidade de coñecer as distintas fases de traballo da elaboración dun documental. En todo o proceso tiveron o asesoramento e experiencia de profesionais do CGAI que axudaran aos escolares no proceso de rodaxe estímase que teña lugar a semana que ven coa a toma de imaxes nos exteriores da antiga baleeira. 

14 de marzo de 2014 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.