Estudantes de Turquía, Alemania e Gran Bretaña visitan A Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaGalicia exterior
A-
A+
Visita dos estudantes

Visita dos estudantes

Esta mañá o alcalde da Guarda recibiu no Concello a un grupo de alumnos procedentes de Turquía, Alemania e Gran Bretaña, dentro proxecto de cartografía libre no que participa o instituto da nosa vila: I.E.S A Sangriña. O programa, que está financiado pola Unión Europea, forma parte do plan Comenius.

O I.E.S A Sangriña é o único instituto de toda España que participa neste intercambio, baseado na creación dunha plataforma (OpenStreetMap), que permite compartir e consultar mapas de diferentes partes do mundo.

Os rapaces que chegaron á nosa vila o pasado sábado, puideron coñecer durante a súa estancia os encantos dunha vila mariñeira como é A Guarda, perderse pola rúas de Santiago de Compostela e incluso pasar unha tarde nas paradisíacas Illas Cíes. Unha serie de actividades que buscan o intercambio entre as diferentes culturas, como obxectivo principal deste proxecto.

No mes de Setembro, 5 alumnos do noso Instituto serán os seleccionados para o seguinte encontró que se realizará en Hull, Gran Bretaña. O alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, non quixo pasar por alto a importancia dun programa que favorece tanto á nosa vila. “Que A Guarda apareza en máis páxinas web permite que nos coñezan máis polo mundo adiante”. Ademais, quixo agradecer a participación do I.E.S A Sagriña neste proxecto, que “concede a oportunidade de vivir unha experiencia moi enriquecedora ós alumnos da nosa vila, e que en moitos casos será a única”.

25 de marzo de 2014 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.