Estudantes de enfermería familiar e comunitaria completarán a súa formación nos servizos sociais de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

Os estudantes de segundo curso de Enfermaría poderán completar a súa formación na especialidade familiar e comunitaria na Área de Benestar Social do Concello de Ferrol, o que facilitará que entren en contacto directo con persoas en situación de dependencia ou en risco de exclusión social que son atendidas por este departamento municipal que dirixe Rosa Martínez Beceiro. Así, a edil ferrolá informou hoxe da entrada en vigor do convenio de colaboración asinado entre a Administración ferrolá e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) –a través da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol- para a formación destes especialistas, cunha duración de cinco anos e que se comezará a materializar o vindeiro luns,coa incorporación aos servizos sociais municipais do primeiro alumno de enfermería beneficiario deste acordo.

“Trátase dunha iniciativa pioneira en Galicia”, destacou Martínez Beceiro, que permitirá que o enfermeiro/a residente participe no coidado da saúde das persoas, familias e comunidades, dunha forma continua e nos distintos aspectos da promoción da saúde, prevención da enfermidade, recuperación e rehabilitación no seu entorno e contexto social. “Os servizos e prestacións sociais e comunitarias deben estar coordinados e teñen que complementarse coa atención sanitaria, e con este convenio co SERGAS damos resposta a unha necesidade”. Así, os enfermeiros/as que participen neste programa acompañarán a asistentes sociais que atenden a persoas ou familias en risco de exclusión social, colaborarán cos profesionais que se despraza aos domicilios para a atención a dependentes e poderán dar charlas informativas. “As prácticas na Área de Benestar Social do Concello de Ferrol permitirá a estes alumnos ter un contacto coa realidade social e así poderán levar a cabo accións preventivas e fomentar hábitos saudables”, dixo a edil ferrolán.

O período de formación na Área de Servizos Sociais do Concello de Ferrol deste enfermeiros/as será dun mes, aínda que a intención é aumentalo.  “Conseguimos mellorar con este acordo a atención directa ás familias, posto que  podemos facer un traballo de prevención”, concluíu Martínez Beceiro, que insistiu en que a finalidade deste programa de formación é a adquisición por parte dos enfermeiros/as de competencias na área comunitaria e familiar, incluíndo a súa participación nos servizos sociais do Concello de Ferrol dentro do programa de rotacións coas que xa conta esta especialidade en diversos espazos docentes, tanto en Centros de Saúde, e en diversos servizos hospitalarios e extrahospitalarios.

5 de marzo de 2014 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.