Este fin de semana a Malata acolle o I Torneo Liga Galega de kaiak
O domingo disputarase na Malata o I Torneo Liga Galega de kaiak polo coa participación de doce equipos, o que supón máis de cen deportistas. Esta modalidade deportiva é unha das que máis creceu en canto ao número de licenzas tramitadas, que xa alcanza un rexistro histórico.
A competición en Ferrol é a primeira dunha tempada cun intenso calendario. Os encontros iniciaranse ao nove da mañá. Na categoría absoluta masculina participarán o Rodeira, Copacabana, Umia, Xuvenil das Pontes, Combarro, Penedo e o portugués dos Arcos de Valdevez. O Penedo competirá coas súas dúas formacións femininas. O Copacabana tamén presentará ao seu equipo sub-21. O torneo finalizará sobre o seis da tarde.











