Entroido en Afal Ferrolterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Entroido de Afal Ferrolterra

Entroido de Afal Ferrolterra

“Grazas familia por ser o sal e pementa da nosa vida” foi a lema baixo o que este ano AFAL Ferrolterra celebrou a súa festa de Entroido no Centro de Día Terapéutico da rúa río Castro. Unha celebración na que esta tarde participaron os traballadores das instalacións, os maiores que cada día acoden ás terapias e as súas familias. Nesta edición, o equipo elixiu o mundo da hostalaría para confeccionar os disfraces que luciron os usuarios, realizados por eles mesmos nos talleres ocupacionais e de manualidades. En concreto, convertéronse por un día en camareiros e, de aí, a lema que presidiu a festa. Esta arrincaba cunha merenda a base de sobremesas típicas destas datas e continuaba con baile e música en directo a cargo de Joselo.

A festa celebrada esta tarde tomou a substitución da organizada onte xoves no Centro de Día da Rede Pública de Alzhéimer –que xestiona AFAL na cidade naval-. Un Entroido que, nesa ocasión, centrouse no mundo dos xogos tradicionais –cartas, dominou, parchís- e no que equipo de traballadores e usuarios tamén compartiron merenda, baile e xogos, como un concurso de disfraces.

7 de marzo de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.