Entrega de diplomas aos participantes no curso de programador de aplicacións orientadas a obxectos

Entrega de diplomas
O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, e a directora xeral de Formación, Ana Díaz, fixeron entrega esta mañá dos diplomas acreditativos do Curso de Programador de aplicacións orientadas a obxectos que, entre os meses de agosto e outubro, realizaron un total de 15 alumnos e alumnas no Centro Cívico Ramón Millarengo. Un curso financiado e promovido pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia co ánimo de mellorar a formación e, por tanto, as posibilidades de inserción laboral dos participantes.











