publicidade hoxe

Entrega das equipacións deportivas aos 21 rapaces participantes nas escolas de fútbol sala de Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

Un total de 21 rapaces de Frades, de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos, participan este ano nas escolas deportivas municipais de fútbol sala, que veñen de iniciar o campionato na Liga Intermunicipal 2013-2014 na zona de Santiago nas categorías benxamín, infantil e cadete. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o técnico de Deportes, Lino Espiñeira, reuniron aos rapaces no pavillón municipal de Ponte Carreira para facerlles entrega duns anoraks co escudo e as cores do Concello de Frades.

Roberto Rey desexoulles sorte nesta próxima tempada e animounos a repetir os éxitos do ano pasado. Unha tempada na que o equipo cadete das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Frades proclamouse campión da Liga Comarcal de fútbol sala, competición que organiza a Xunta de Galicia a través do Programa Xogade, e campión do X Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala Base. Uns campionatos nos que remataron invictos e como o equipo máis goleador.

18 de marzo de 2014 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.