publicidade hoxe

Enterro da Lamprea en Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O próximo 8 de marzo celebrarase en Salvaterra de Miño o Enterro da Lamprea, que fará a súa saída ás 6 da tarde, percorrendo as rúas da nosa Vila e chegando a praza do Concello onde se lerá o seu testamento. Carrozas, música e festa en Salvaterra de Miño.

Por outro lado a Asociación ACES de Salvaterra puxo en  marcha, con motivo do Entroido, unha campaña denominada “Un Entroido con Sabor”, onde participan os 120 establecementos de ACES, que durante estes días repartirán nos seus establecementos papeletas para o sorteo que terá lugar o próximo 8 de marzo na praza do Concello, con motivo do Enterro da Lamprea, e onde se realizará o sorteo de 8 cestas con productos propios da gastronomía do Entroido, para participar so tes que estar alí cunha papeleta.

4 de marzo de 2014 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.