publicidade hoxe

Encarnación Rivas reuniuse co alcalde de Monterroso para estudar os pasos a seguir para axilizar o PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoMonterroso
A-
A+
Encarnación Rivas na reunión co alcalde de Monterroso. Foto: C. Paz

Encarnación Rivas na reunión co alcalde de Monterroso. Foto: C. Paz

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse co alcalde de Monterroso, Antonio Gato, para axilizar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) desta localidade e facer realidade o antes posible o novo planeamento.

O municipio de Monterroso conta cun Informe Previo á Aprobación Inicial de decembro de 2011 e unha aprobación inicial de 2012, e para poder impulsar o seu documento de planeamento ten que axilizar as correccións marcadas neste informe co fin de adaptar o documento a nova normativa legal en materia urbanística.

Na actualidade o PXOM de Monterroso está en fase previa á súa aprobación provisional, tras ser exposto ao público no último semestre de 2012 e recibir os informes sectoriais recibidos ao longo do ano pasado.

No transcurso da reunión, que contou coa asistencia dos técnicos de ambas administracións e do equipo redactor de planeamento, concretouse que o concello está a espera de chegar a un acordo con Patrimonio que permita ao concello presentar a proposta de Memoria Ambiental ante a secretaría xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Unha vez resolto este trámite o concello estará en disposición de aprobar provisionalmente o PXOM e achegalo á Xunta para a súa Aprobación Definitiva.

Colaboración Xunta e concellos

Este encontro mantido entre a Xunta de Galicia e o Concello de Monterroso e atópase dentro dos traballos de colaboración que o Executivo autonómico ofrece aos concellos para que poidan contar cunha figura urbanística que ordene e protexa os seus territorios.

Dende a Consellería de Medio Ambiente levase concedido ao Concello de Monterrei máis de 135.000 euros en concepto de axudas para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Ademais a Consellería concedeu para a redacción do “Plan especial de protección do casco histórico un importe similar que supera de 135.000 euros.

Na actualidade o Concello de Monterroso dispón dunhas Normas Subsidiarias de Planeamento aprobadas en 1996.

28 de marzo de 2014 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.