Emprendemento, innovación e asociacionismo na 43º Feira de Antigüidades da Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal PortadaPontevedra
A-
A+

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, salientou esta tarde na Estrada o emprendemento, a innovación, o relevo xeracional ou a potenciación da cooperación e o impulso ao asociacionismo comercial como algúns dos factores clave nos que está a incidir a Xunta para mellorar a competitividade do comercio galego.

Vázquez Abeal, que impartiu un relatorio sobre os novos retos do sector comercial dentro das actividades da 4ª Feira de Oportunidades do Comercio e 43º Feira de Antigüidades, achegou aos comerciantes asistentes os diferentes programas postos en marcha pola Consellería de Economía e Industria no que vai de ano, como a convocatoria para as asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e as prazas de abastos, dotada con 2,2 millóns de euros.

Sol Vázquez Abeal fixo tamén fincapé no novo programa de axudas de ata o 50% e ata 10.000 euros para a apertura de novos establecementos comerciais posto en marcha pola Consellería de Economía e Industria, co que se incide no impulso ao emprendemento no tecido comercial, complementando as iniciativas fomentadas na nova Lei do Emprendemento e da Competitividade de Galicia, entre as que destacan a simplificación administrativa grazas á eliminación con carácter xeral das licencias municipais de obra e actividade.

Vázquez Abeal resaltou a implicación dos propios comerciantes da localidade en citas como a que hoxe comeza na Estrada, e recordou que na Lei do Comercio Interior de Galicia, aprobada polo actual Goberno da Xunta, se regulan por primeira vez as feiras de oportunidades, con requisitos como que polo menos dous terzos dos expositores deben exercer a súa actividade no concello ou na comarca na que se celebran, asegurando así que este tipo de iniciativas incidan na promoción do comercio local.

7 de marzo de 2014 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.