Educación investirá 40.000 euros no arranxo da cuberta do colexio Cernadas de Castro en Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLousame
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria investirá 40.000 euros este verán na primeira fase das obras de arranxo da cuberta do colexio Cernadas de Castro (Lousame). Así se comprometeu o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana Leira, durante unha entrevista mantida coa alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde.

A alcaldesa de Lousame explica que “o compromiso adquirido xefe territorial de Educación é que as obras se acometerán en dúas fases. A primeira comezará durante as vacacións deste verán e suporán un investimento próximo aos 40.000 euros”. Villaverde agradece o apoio da Consellería de Educación xa que “estamos falando dunha cuberta que ten moitos anos e onde os últimos temporais fixeron especial dano. Aínda que dende o Concello temos feito reparacións puntuais, a cuberta precisa dunha intervención moito máis importante que é a que vai acometer a Xunta”.

Así mesmo, a alcaldesa de Lousame celebra a rapidez coa que vai actuar a Consellería de Educación xa que “temos realizado distintas actuacións de mellora no colexio, especialmente no que atinxe á instalación eléctrica, e é moi importante que as obras na cuberta se realicen canto antes para evitar outros desperfectos”.

31 de marzo de 2014 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.