Doan un mural dos anos 60 ao Centro Torrente Ballester de Ferrol
O Centro Torrente Ballester recibiu na mañá do 12 de marzo de 2014 a doazón dun mural realizado nos anos 60 do século XX, polo pintor ferrolán Ricardo Segura Torrella (1927-2000), segundo datos facilitados polos donos da obra.
REPORTE DE REXISTRO E ESTADO DE CONDICIÓN DA OBRA.
Artista: Ricardo Segura Torrella.
Título: Mural da Boleira.
Data de creación: Década dos 60 do século XX.
Clasificación técnica: Pintura.
Tipo: Mural
Descrición: Medidas-Total: 51,5cm x3,02 metros. Mural realizado a base de pequenos fragmentos de distintos materiais como pedras, vidro, cristal, azulexos, etc.. sobre base de cemento e yeso con soporte de ferro no seu contorno.
A obra represéntanos unha escena costumista galega como era habitual no pintor, un dos seus temas predilectos, a cultura da súa contorna. Dous carros de cabalos enfrontados cos animais no seu parte central atopándose un enfrnete do outro. Colorista, orixinal e de contornos ben definidos sobre un fondo monocromo de cor ocre. Cores pastel, brancos e negros crean , a base de anacos de materiais e pedras, as distintas liñas que dan forma a esta representación do pintor ferrolán.
DATOS HISTÓRICOS: A obra catalógase por primeira vez como doazón da familia Loureiro Maneiros ao Concello de Ferrol no mes de marzo de 2014. O día 14 colócase a placa e o mural na parede que separa o hall do Centro Torrente Ballester coa Sala Jenaro Pérez Villaamil.
A información facilitada cóntanos que na década dos 80 do século XX, Miguel Loureiro e a súa familia adquiren unha casa en Serantellos, lugar onde descobren, xunto a outros obxectos presumiblemente abandonados, esta mural. O anterior propietario dilles que é unha obra de Ricardo Segura Torrella e o artista confírmallo nun encontro a Miguel Loureiro dicíndolle que fora un encargo da antiga boleira que estaba na rúa Real de Ferrol na década dos 60. Ao mudarse de casa a familia decide trasladar a obra á súa nova vivenda onde permanecío até a doazón ao Concello de Ferrol e coa súa localización actual no CTB.
Nota de interese: Esta técnica foi pouco empregada polo artista. Coñecemos este mural e tamén o mosaico situado na ábsida de santa Mariña do Vilar, parroquia lindeira con Ferrol e que representa un Pantocrator e o Mosaico e unhas vidreiras da igrexa de Santa Cecilia realizado en 1964.
RICARDO SEGURA TORRELLA (Ferrol, 2 de outubro 1927- 18 de marzo de 2000).
Unha das figuras crave da pintura ferrolá e referente da arte galego da segunda metade do século XX.
Ricardo empezou moi pronto a traballar como axudante de fotógrafo, o seu primeiro caballete fíxollo el mesmo e ata que entrou no estudo de Belo Piñeiro foi autodidacta.
Ao trece anos ingresa na Escola de Artes e Oficios, a primeira de Galicia e onde estudaran importantes pintores, realizando cursos de Debuxo, Figura e Debuxo lineal.
Con 15 anos, en 1942, realizaba Ricardo Segura Torrella a súa primeira exposición no IV Salón de Outono do Círculo Mercantil e Industrial de Ferrol xunto a mestres como Sotomayor, Belo Piñeiro e Valentín Castro.
Destacando a súa faceta como pintor era tamén gran amante da fotografía e da música, as cales influíron na súa obra pictórica.
En 1966 realiza unha longa estancia en París vendo museos e tomando contacto con artistas do lugar.
En 1979 viaxa a Alemaña onde coñece a pintura e artistas deste país e en 1991 viaxa a Londres onde realiza unha exposición no “Blason Gallery” e coñece a pintura inglesa.
Gustábanlle, a Ricardo, pintores como Rembrandt, Belo Piñeiro, Picasso, Kokoschka, Goya, O Greco e tamén pintores que ninguén coñecía.
Utilizou diversas técnicas, o debuxo, o grafito, sepia, sanguina, ceras, acuarela e óleo.
Morre o 18 de marzo do ano 2000 dun enfisema pulmonar.











