Ditames da Comisión de Pleno de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Comisión de Pleno do Concello de Ourense ditaminou favorablemente na súa xuntanza desta mañá a aprobación inicial do proxecto de regulamento do inventario xeral do Concello de Ourense. O documento, aprobado na xunta de goberno local do día 6 de febreiro, presentarase á aprobación inicial por parte do Pleno do Concello, na súa próxima sesión do vindeiro venres, 4 de abril. Ningún grupo político municipal presentou emendas. Trátase dun documento técnico elaborado polo Departamento de Planeamento que ten como obxectivo establecer a organización, funcionamento e procedemento de aprobación do Inventario municipal e facilitar a súa xestión.

A Comisión de Pleno tamén ditaminou favorablemente desestimar o recurso de reposición contra o acordo plenario de 8 de novembro de 23013 polo que se aprobou o convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a Universidade de Vigo.

28 de marzo de 2014 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.