Detidas dúas persoas en Cambre por roubo con forza no interior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreSucesos
A-
A+

Axentes da policía local de Cambre detiveron a pasada semana a dúas persoas como presuntos autores dun roubo con forza no interior dunha vivenda do centro de Cambre, alertados por un veciño que observou como se estaban producindo os feitos. Acudida unha patrulla deste corpo, sorpendió aos presuntos ladróns no interior da vivenda e tras detelos, e unha vez introducidos no vehículo policial, un dos detidos rompeu un portelo do vehículo tentando fuxir. Noutra quenda de traballo os axentes locais instruíron dilixencias por dous presuntos delitos contra a seguridade do tráfico. No primeiro dos casos, tras dar o alto a un vehículo, comprobaron que o condutor carecía do permiso de conducir por perdida total do saldo de puntos e no segundo caso, os axentes observaron que un vehículo circulaba de maneira anómala e tras darlle o alto, os axentes comprobaron que o condutor conducía baixo os efectos do alcol, cuatriplicando a taxa de alcol establecida, inmobilizando o vehículo. Ambos os condutores foron imputados por presuntos delitos contra a seguridade viaria a través de xuízo rápido, xulgados polo xuíz de garda da Coruña.

10 de marzo de 2014 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.