Déronse a coñecer os adxudicatarios dos 7 postos vacantes da praza de abastos de Cangas
Hoxe coñeceuse quenes serán os adxudicatarios dos sete postos vacantes da Praza de Abastos. Tras a presentación de nove solicitudes por parte dos interesados e a celebración da mesa de contratación o pasado luns día 10 de marzo na que se coñeceron as contías das ofertas presentadas por cada un dos posibles adxudicatarios, realizouse o cómputo global de puntos nos que se valorou a oferta económica, a situación de desemprego ou minusvalía do solicitante e se ofrecerían un produto novidoso.
Tras establecer as puntuacións definitivas ditamináronse os catro adxudicatarios dos postos de venda de peixe e os dous dos postos de carnicería. Un dos postos de carnicería quedará desocupado xa que so se presentaron dúas peticións para os tres que se ofertaban.
Nas próximas horas procederase a comunicar aos adxudicatarios o resultado do proceso e estes disporán dun prazo de 10 días para a presentación da documentación pertinente. Unha vez entregada farase efectiva a adxudicación.











