Degustación de Tenreira Galega na entrada do Fontes do Sar como previa ao encontro do Rio Natura Monbus co Real Madrid

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O hall de entrada do Multiusos Fontes do Sar converterase este domingo, antes do partido ante o Real Madrid, nunha auténtica cociña grazas a Tenreira Galega, membro do Club de Empresas Obradoiro. Realizarase unha degustación da súa carne con  Indicación Xeográfica Protexida cociñada en directo nas propias instalacións, na que os 6.000 afeccionados que acudirán a presenciar o encontro poderán probala desde a apertura de portas até o comezo do partido.

É a segunda vez que Tenreira Galega leva a cabo esta iniciativa, que permite aos obradoiristas comprobar  a calidade do produto en toda a súa esencia, característica pola súa jugosidad, terneza e  sabor . Tenreira Galega servirase conxuntamente con outro produto con indicativo de calidade como é o Pan de Cea. A primeira degustación deste tipo foi a tempada pasada, no partido disputado fronte ao Barcelona, e gozou dunha gran aceptación por parte do público.

No vestíbulo haberá ademais outros expositores, como os de Expomontajes Galicia e Quatroprint, a tenda Lambonadas, ou a propia Miudiño Store, onde se poderán adquirir, como cada día de partido, os produtos oficiais do club. 

6 de marzo de 2014 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.