Curso de elaboración de xabóns en Nigrán
O Concello de Nigrán, a través da concellaría de Patrimonio, Mocidade e Igualdade, organiza un curso de elaboración de xabóns na Asociación de Veciñal e Cultural de Monteferro, cunha duración dun mes, en horario de 17.00 a 19.00 horas. O prezo por persoa é de 15 euros, e inclúe todo o material necesario para a fabricación de xabóns: glicerina, esencias, moldes, manteis, luvas, etc. Máis información e inscricións no Centro de Información á Muller, no 986 38 30 81 ou a través do correo electrónico cim@nigran.org.
Día da Muller
Así mesmo, o concello adianta que para o vindeiro sábado 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, coordinará unhas actividades dirixidas ao público infantil, con talleres infantís e a representación dunha obra de teatro, a partir das 12.00 horas no Salón de Actos municipal, que terán como obxectivo transmitir aos máis pequenos valores de igualdade entre ambos os sexos.











