Curso de autodefensa persoal para mulleres en Vimianzo
O vindeiro xoves comeza o curso de Autodefensa persoal para mulleres organizado polo Concello de Vimianzo.
O curso, impartido por Alejandro Gómez, Policía Nacional e membro da Asociación pola Igualdade e Coeducación, divídese ne 5 sesións de dúas horas de duración cada unha, de 18 a 20 horas, e tera lugar no Ximnasio Municipal. A primeria das sesóns será o vindeiro xoves día 27 de marzo. As seguintes, todas elas no mes de abril, terán lugar os días 3, 10, 14 e 24. As prazas son limitadas e para inscribirse é necesario dirixirse á Área de Benestar Social ou chamar ao teléfono 981707426